A OUTRA ROSALIA
Artigos publicados no "Correo Gallego" en xuño e xullo de 2011:
Rosalía Castro
A humanidade é antes que a galeguidade, o poeta nútrese das dúas, pero sobre todo da primeira, ca segunda ás veces anda en enemistade. Que Rosalía nacera en Galicia é, a fin de contas, secundario, o fundamental é que acadou na súa poesía unha verdade e unha beleza que, aínda que xurden no xeito e xenio galegos, chegan ao máis fondo do sentimento humano; se a estatua da Ferradura fose por iso, ¡que grandes seriamos os galegos! Pero fixémola nai de Galicia, a unha nena sen nai, debería darnos vergoña. Murguía foi o que comezou o traballo, facendo da súa muller súa nai, tal vez porque el era pequeno e ela grande, e dóunola a tódolos galegos. Primeiro quería que cantase a Galicia coma un novo Ossián, de ahí saíron os Cantares; quería que seguira, ela rebelouse a medias e saíu unha cousa máis fonda, Follas novas; quería aínda máis, pero ela rebelouse de todo e saíu un libro en castelán, Sar. O amor que ela lle tiña diminuía, estableceuse entón unha dialexia desamor/mitificación: canto máis ela se afastaba del eróticamente máis alto e incontaminado e santo había que poñer o altar. E asi sigueu cando ela morreu, e xa non se podía opor; tivo trinta e oito anos para recrear a súa Rosalía mítica, a que agora todos nós adoramos. Era só un problema seu, pero déunolo a nós; díxonos coma Xesús a san Xoan: ‘Fillos, aquí tendes á vosa nai’, e nós puxémonos á laboura: “o 15 deste mes de xullo fixo corenta e catro anos que morreu a nosa santa Rosalía”(en Pociña 1 637), que é “la encarnación sublime, casi mística, de Galicia”(en Naya, pról); e así ata o infinito, pois a nós, que somos tan boíños, énos moi doada esta veneración. E como facía falla máis pedestal, Murguía comezou a chamala ‘Rosalía de Castro, iso foi xa no ano 1906, na súa edición de Sar. Antes, na Historia de Galicia, en Galicia e en Los precursores o nome era para el ‘Rosalía Castro’. A cuestión non é como se chame senón como ela quería que a chamasen coma poeta; igual que a el temos que decirlle ‘Manuel Murguía’, que é un seudónimo, pois o seu nome verdadeiro é Manuel Martínez Murguía, a ela temos que chamarlle como quería ela ser nomeada, pois entrar na arte é coma facelo en relixión e moitos de nós sentímonos máis libres con outro nome. Ela no comezo dudaba entre ‘Castro’ e ‘de Castro’, pois no seu primeiro libro de poemas ponse da primeira maneira e na primeira novela da segunda. Cando casou a duda era entre ‘Rosalía Castro’ –ganara polo tanto o nome sen de- e ‘Rosalía Castro de Murguía’, e así vemos que en 1862, nunha escolma, uns poemas fírmaos dun modo e outros doutro; triunfou definitivamente o segundo nome e así asinou Cantares Gallegos, Follas novas e En las orillas del Sar. Murguía, de acordo ca vontade dela, dicíalle nos escritos publicados en vida ‘Rosalía Castro’, ata que a mitificación levoulle ao o ‘de’; polo tanto, é lexítimo que nós, que tentamos recuperar á verdadeira Rosalía, volvamos ao nome que ela quería ter.
A nosa opción
No artigo anterior falamos un pouco do mito; agora, para rexeitar da nosa poeta o alcume de ‘chorona’ e outros semellantes e analizar os seus poemas desde unha nova perspectiva, tal como fixemos en Rosalia erótica y existencial, recentemente publicado e orixe destes estudios, imos tentar chegar á fonte da súa creación poética, semellante á doutros grandes poetas. Aínda que teñamos que valernos de algún termo novo, vale a pena, porque acadaremos así unha atalaia desde a que nos será máis doado enxergar o fundamento da súa obra.
Tamén eu era poeta, pero tiven a desgracia ou a necesidade de adicarme á elaboración dunha obra filosófica, na que pasei en traballo silandeiro a maior parte da miña existencia; ás veces atopaba pechado o camiño, e adicábame a outra de teoría poética. Na primeira concíbese a orixe da vida (no sentido de ‘vivencia’) coma (des)entrañamento do infante ca nai; que logo se traslada ás catro dimensións vitais: eros, praxe, arte e espíritu. O fundamento da vida é, pois, non unha substancia senón unha relación, máis ou menos disonante, dependendo da integración dos seus dous membros e das circunstancias daquel primeiro entrañamento; se fose total, coma nas plantas, non habería mundo, que se inventa para encher ese vacío. E que de ahí mana o máis fondo da poesía vese en moitos grandes poetas coma Byron, Poe, Baudelaire, Rosalía, etc. estudiados na devandita poética, todos con dificultades na súa primeira integración. Desde logo hai poetas e artistas en xeral, que poderiamos chamar olímpicos, que rebosan felicidade e triunfo, dos que non se pode dicir que a súa obra parta dese fondo doloroso: por exemplo Goethe, pero en cambio si o seu contemporaneo Hólderlin; Picasso era coma un deus, pero en cambio Van Gogh suicidouse; Mozart é todo limpidez, pero Beethoven vive nunha continua tormenta; e nos filósofos hainos que son pura obxectividade, case parecen científicos, a eles o desentrañamento non lles chega, en cambio outros viven e morren nel: Kant é dos primerios, Schopenhauer e Nietzsche dos segundos; nestes é coma se a terra se abrise para mostrar as súas entrañas. Rosalía pertence a esta derradeira categoría.
O poema nace igual que o soño, que cando é fondo, coma demostra Freud, sai das vivencias máis antigas da infancia. O desentrañamento –todos andamos máis ou menos nel- é unha ferida que, para os máis sensibles e esforzados, pode convertirse na fonte da creación. Os poemas máis fondos ou esenciais –non os anecdóticos ou costumistas- á nosa poeta viñanlle de ahí, asi coma a necesidade de expresarse neles; e de aí vennos a nós tamén a intuición que temos ao lelos de que están na verdade, pois falan de algo que nós escuramente tamén vivimos; analizaremos aquí moitos deles, para tentar revivilos en toda a sua fondura e beleza e verdade.
O anhelo erótico rosaliano
O desentrañamento -que en todo ser humano habita- fonte da poesía máis fonda, pode ser anhelo ou desarraigo, o primeiro é máis conformista e o segundo máis desesperado; o anhelo mira ao futuro e ten sempre un componente constructivo; o segundo tan só é destructor. Vexamos o limpo anhelo noutros poetas, en Hölderlin: “¡Ah! O deus que hai en nós está sempre solitario e pobre. ¿Onde achará aos seus?”;en Poe: “Esta sede pertence á inmortalidade do Home. É o desexo da avelaíña por la estrela”; etc. En Rosalía, alma de fogo, acostuman estar mesturados os dous; podemos comprobalo neste poema de En las orillas del Sar, IV do Apéndice na edición de Alonso Montero,e XXIV de Rosalía erótica y existencial:
“’¡La copa es de oro fino,
el néctar que contiene es de los cielos!’
dijo, y bebió con ansia
hasta el último sorbo de veneno.
¡Era tarde! Después ardió su sangre
emponzoñada; y muerto,
aún rojiza brillaba en su sepulcro
la llama inextinguible del deseo”.
Aínda que tan só se suxire (formante in) sabemos por outros poemas de Rosalía, xeralmente un pouco velados cando son eróticos, que neste trátase do desexo erótico; que ademais nela acustuma ter ou un final de entrega total ou de desastre. A primeira estrofa ten o movimento desde algo positivo a algo negativo (so con contra). No comezo este sentimento é figurado por ‘unha copa de celeste viño’, coma se di noutro poema seu (formante ante ou metafórico) que se lle vai convertir en veleno; pero achegándonos máis, vemos que hai nesta estrofa unha palabra clave que é ‘ansia’. É coma se dixera: ‘o amor erótico é fermoso, é o meu anhelo o que o convirte en pezoña.
Na segunda estrofa o movimento anterior quere virarse volvéndose ao final contra con: a ansia meteuna nun inferno, pero aínda que non haxa ningunha posibilidade de salvación, trátase da mesma chama da vida, pois o anhelo, aínda que é un morrer, así e todo e vida máis grande que a da xeneralidade, é verdade que é terrible, pero tamén é creadora. Isto é o que nos suxiren os dous versos finais, que convirten o poema nun canto épico, e nos recordan a san Xoan da Cruz cando fala de “esta oscura noche de fuego amoroso”(Poética 461). Tamén este facer a morte vida dos dous versos finais nos achega á negra sombra, que ao mesmo tempo que é dor e creación: ‘es o marmurio do río,/es o vento i es a aurora’. Sempre en Rosalía hai vida no seu morrer, por iso hai que considerala vital e non pesimista.
Rosalía e Castela
“(...) quisais cansada e sedenta,
quisais que de angustias morra (...)
E cando a gaita galega
alá nas Castillas oias”(...)
Trátase da sede existencial, Galicia sedenta en Castela; pero iso é Rosalía mesma, identíficada con Galicia, pero tamén con Castela, facéndose dramática coma ela. Este recurso de poñerse na situación adecuada par a sentir o que vai escribieri déralle xa bo resultado en Cantares, comezado en Madrid, e repiteuno para Follas escrito, según o seu home, en Simancas.
Era imposible que no tempo de Cantares Rosalía sentise saudade por Galicia, cando estaba allea por completo a este sentimento, como mostra a obra en castelán coetánea. A saudade era pola nai, que quedara en Compostela ca filla. Este apego si está rexistrado en La hija e en Flavio, polo tanto podemos dicir que no primeiro poema galego ‘Adiós ríos’, onde se identifica con un campesiño emigrante, o seu sentimento é máis materno que nativo. E xa que lle deu resultado poñerse nunha situación anhelar, dez anos despois ca nai xa morta, deixou de novo a nena cos seus familiares e foise once meses co marido, que tiña traballo no arquivo de Simancas. Alí fixo Follas, “Escritos no deserto de Castilla, pensados e sentidos nas soidades da natureza e do meu corazón”(Pról), pois era a que necesitaba para falar dos seus propios desertos, do erótico, xa que a unión co marido estaba rota, e do existencial, que non fixo máis que medrar ao longo da súa vida.
Castela é moi importante na obra de Rosalía; para ela é a imaxe do desentrañamento, pola sede que parece que padece, pero a sedenta era ela. Algúns fan saudosa a Rosalía ao modo portugués: “O culto de nosa Señora da Saudade”(Carballo, Estudios 202); e aos portugueses encántalles: “Señora da Saudade e da Melancolía”, dilleTeixeira de Pascoaes imitando a Nerval; pero a min paréceme que a nosa poeta ten más de castelá que de portuguesa.
O desentrañamento como sede inextinguible de raigaña castelá reaparece en Ruinas, onde a nosa poeta tentou facer un relato realista, pero escapóuselle cara ao expresionismo. Montenegro vive ca nai a expensas dela –apego- e estudia para recuperar unha irreal herencia; rexéitao unha moza fina e el tolea, recurso de que se vale a autora para expresar o propio anhelo –sede- e desarraigo –morte:
“Generalemente anda diez y doce leguas por día, en cada fuente que encontraba al paso bebía siempre, y al pie de una fuente exhaló el ´ultimo suspiro”(727,2)´.
“¡Olvidemo-los mortos!”
Este é o titulo do poema II ,V de Follas na edición de Monteagudo/Vilavedra, e o XV da nosa escolma. A poeta, ao contrario das transgresións eróticas anteriores (XII, XIII e XIV), aquí vólvese atrás no momento mesmo da consumación. O comezo é coma un acto relixioso, que nos recorda a Safo:
“¡Profanemos do bosque as umbrías
E ante estos mudos testigos,
o río, a fonte i os ceos,
que eu rompa os xa vellos vínculos.
Do pasado correron as horas,
só Dios sabe antre que abismos.
¡Non tornarán... olvidemos!
que a recordanza é un martirio”
A agonista está disposta a romper ca sordidez do pasado, referíndose sen dúbida aos seus anos de matrimonio, e a emprender unha vida eótica nova. O que a atormenta sobre todo, como indica o título, é o recordo; e para romper con el vaise entregar á embriaguez dun eros puramente sensual. Pero no momento da transgresión parécelle:
“... que adustas me axexan as sombras
tras desos coutos e riscos
dos meus mortos adorados
e dos meus delores vivos”
trátase da embriaguez dunha entrega amorosa na que os recordos non entren:
“Es garrido e lanzal, i os teus ollos
nos meus como estrelas fixos,
dormentes, din que o amor neles
pousa o seu dedo divino”
Pero finalemente desiste, e non por remorxos morais, senón para poder seguir vivindo desde o máis fondo de si, nos seus soños, no anhelo; aínda que iso a aparte do vivir en torno:
“¡Ea! apártate lonxe... non quero
profanar este retiro,
nin pode o corazón tolo
ser de si mismo asesino.
Sosegavos, ñas prendas airadas,
que estou morta para os vivos”.
Rosalía e Baudelaire
Connsideramos estes dous poetas coma os máis grandes porque foron os únicos que souberon chegar ao fondo e facer belos poemas do monstro, sabendo que era el, vingándoseasí. Outros antes sentiran o eros desentrañadamente: Byron, Leopardi, etc., pero non se decataban coma eles do que estaban facendo. Por iso os seus libros máis importantes, As flores do mal e Follas novas, teñen que ter similitudes, xa o título nolo indica. O de Baudelaire é máis directo, e sen contemplacións de que se trata; o de Castro fala só dunha calidade aínda que da máis importante: ‘novas’ no sentido de ‘primaverais’, ‘orixinarias’. Son nos dous eróticas e existenciais, polo tanto trátase dun mal e dunha orixinalidade desas dúas clases; na infancia dos dous nacen estas follas e flores, na greta, no abismo, e son fermosas e vitais. Se o un escribe ‘as flores do mal’, a outra canta:
“teño un mal que non ten cura,
un mal que naceu comigo”,
e trátase do mesmo; Rosalía tende a consideralo coma enfermidade e Charles coma pecado, pero o desentrañamento é unha enfermidade da humanidade enteira e un pecado ‘orixinal’. Di el:
“¿Quen sabe se estas novas flores con que soño
acharán no meu solo, ermo coma un areal (grève)
o místico alimento que lle ha dar vigor?”(11B),
que nos recorda o significado sarcástico que ten La flor en Rosalía e o “deserto páramo” de 11,1; e tamén:
“Non Follas novas, ramallo
de toxos e silvas sós :
irtas coma as miñas penas;
feras coma a miña dor.
Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
como non serés así!
Tanto as Follas coma a Flores son novas porque nacen no ermo, esta grandeza venlle a ambas as dúas dese fondo que se fraguó na orixe. E se Rosalía se lamenta:
“Triste é o cantar que cantamos,
mais ¿que facer si outro mellor non hai”(14 2),
tamén Charles di nunha carta “Non sabe canto lle agradezo que insistira nesa inmensa tristeza que é, de certo, a única moralidadade do volume”(en Assalinau 15).
E se ela quere tirar de si o amargor:
“¡Pensamientos de alas negras!, huid, huid azorados,
como bandadas de cuervos por la tormenta acosados”(Sar 63);
tamén el fala de “certas basuras que apliquei coma maquillaxe en determinados momentos das miñas obras ca finalidade de facerme perdoar a tristeza do meu tema”(303A).
Pero é nesta dor onde nace a fondura da creación dos dous.
Por un 15 de xullo ca xanela aberta
Fai dous anos regresei a miña cidade, Compostela, despois de moitos fóra, logo de moitos anos de escapar, no mes de Xullo. Coñecín entón ao profesor Alonso Montero, ao que lle deixei unha obra miña sobre Rosalía, e el invitoume a asistir ao acto que o día 15 copresidiría na casa da nosa poeta en Padrón; alí, pois, me fun. Eu xa estivera de rapaz, lémbrome dunha mañá primaveral naqueles trens que tiñan un balcón de ferro, alí iba eu cantando os poemas da miña amada; cheguei e contenteime con ver a casa desde fóra. Esta vez puiden entrar dentro, e vin o seu apousento ca cama onde morreu, e a xanela pechada.
“Axexaba-a a morte con implacabel crueldade, torturaba-a dor, entristecía-a a penuria do fogar, e nese ambiente de amargura presentiu o tránsito da súa vida... dispuxo ser enterrada no cemiterio de Adina... Delirante, e nubrada a vista, dixo á súa filla Alejandra: “Abre esa xanela, que quero ver o mar e, cerrando os ollos para sempre, expirou ás doce do mediodía do 15 de Xullo de 1885”(Besada 70).
Por iso eu me fixei na xanela pechada. Houbo un un acto solemne con discursos e canto do himno abaixo no xardín, pero eu non podía apartar a mirada daquela xanela, pechada sempre. Sentía a amargura que sentiría a nosa poeta se a filla lle negase o que lle pedía aquela derradeira mañá e tivese que morrer na opresión; ela, que foi sempre un traspasar de límites. Non me prestaban as pastas nin o viño nin a conversación con aquela xente falangueira, porque a xanela tiña que estar aberta. Se de min dependera, sempre, pois ¡que imaxe mellor para quen se doía amargamente dos sus limites e foi sempre ansia de infinitude!; pero xa que te queren pechada, que te deixen libre polo menos no teu último dia, na túa derradeira aventura, rapaciña que soñaches sempre ca mar, ca nai.
Marchei ca túa soidade, anoitecía. Matinaba nunha poeta que foi ata o seu instante último unha xanela aberta a un imposible mar.
Rosalia e Risco na relixión celta da Nai
Tan só os máis grandes poetas son capaces de inventar estes símbolos, por exemplo, convertir a saudade subxectiva en Nai:
“Polos fillos a nai tira,
xorda, triste, plañideira,
xeme, chora e máis sospira
e non para hastra que os mira
ben chegar por derradeira.
¡Probe nai! ¡Canto te quero!
¿Nai tamén, ai da nai miña!”(Cantares)
E que ese amor medre en paixón:
“Volved (...)
que hay genios misteriosos
que os llaman tan sentidos y amorosos
y con tan hondo y doloroso acento,
que hacen más hondo el suspirar del viento”(Sar).
A nación é, polo tanto, para Rosalia unha natureza humanada que nos ama e nos chama; a poeta, máis subida no anhelo, pode tamén establecer un diálogo con ela:
“en el bosque o en otro cualquiera paraje aislado (...) legiones de espíritus amigos y simpáticos al nuestro, se nos aproximan hablándonos sin ruido, voz ni palabra (...) al alma que siempre suspira por su patria lejana”(El primer loco).
Isto fai o xenio poético; o mesmo pode facer o relixioso:
"Sagrada terra galega, amasada coas cinsas dos nosos avós, coa suor e co sangue dos nosos irmáns, relicario das nosas lembranzas, Terra onde sementamos as nosas esperanzas todas, santa Nai que nos fas o que somos ó estarmos feitos da substancia túa: para ti o noso alento, o noso esforzo, o noso amor...”(Leria).
O anhelo romántico e o existencial
Tratase dun sentimento frecuente no Romanticismo, así en Espronceda:
“¿Por qué este inquieto, abrasador deseo?
¿Por que este sentimiento extraño y vago (...)?”
En Rosalia houbo nos comezos este sentimento máis ben literario:
“Los rugidosdel mar, la cólera de las olas es la única que puede estar en consonancia con los tormentos de un alma fuerte, con los sentimientos de un corazón generoso que se desespera de las mezquindades de la tierra; la brillantez del sol la única que puede bastar a esas almas soberbias que todo lo encuentran pequeño y débil para deslumbrarlas; el cielo... el más grande de los espacios, la carrera sin término, la eternidad del pensamiento humano, ese es el puerto de salvación con que sueñan los que padecen, la barrera que trata en vano de traspasar el incrédulo”(OC. 1,86).
parece o desntrañamento: a dor de sentirse radicalmente estraña, poeu que non calla en anhleo. Est non parece deica a súa primerioa novela , pois xa o titulo o denncia: “La hija del mar” quere dicir qu non he filla de nadie, que a mar a toruxo a unha praia, pero que non ñé de aui e que regresara a infinitude de donce veu.os poeta deullo un sentido e unha fondura que fai quedar como superficiladiade todo o anterior. Convirtiuno na raigaña de suaua creación poetica.
Este sentimento, xa non tan tinxidod de romanticismo,configura o seu libro primcipal:
“Nuestra voz repite el quejido universal de los seres que se duelen del esfuerzo empleado por traspasar el límite y de la fatalidad que al límte los sujeta como a su cadena, como a su prisión, como a su eterno suplicio. Este quejido, más agudo a medida que el ser crece y progresa, encuentra un eco en todas las estancias de las Follas novas, y un eco poético”(Castelar, Pról Follas).
Aquí está moi ben dito, antes de que nós inventaramos a palabra, que a esencia da obra rosaliana é o anhelo, que c onsite nest sentimento de sentirse presa, que na nosa poeta chegou, como vimos a semana pasada, ata o meento mesmo de morte. Pero pode ser que nos sexa así, que .Que a causa de que peidra á filla que abrira a feietrta no fora poquer se sentia prese, seno poruqe xa esta ba fora, isto explicaria esta frase enimagia:
“Dentro de poco, ni mi nombre recordarán. Mas, ¿esto qué importa a los que hemos traspasdo nuestros límites?“(Murguía, Pról de Sar).
O pesimismo rosaliano
Vexamos de novo a xuntanza que Murguía fai sempre de nacionlismo e pesimismo ao falar da súa muller:
“Hijo (Canteres gallegos) del exaltado amor del país, concebido a la hora de la más honda melancolía, reflejó en sus páginas algo de lo inocente y juvenil de un alma que no había vivido aún, y la amargura de la que no espera vivir muchos días y está perpetuamente con un pie en lo insondable”(Precursores 186)
Esta teoría murguiana da morte é mellorada por García Martí, que titula a introducción das Obras Completas “El dolor de vivir“, onde se xuntan gozo e sufrimento:
“Follas novas es elmás profundo y auténtico dolor, el dolor que proviene de las más hondas inquietudes, el dolor aristocrático, que sólo sienten los escogidos, los que se afanan por taspasar los límites de la vida; dolor del misterio en que vivimos encerrados. No es de la juventud ni de la vejez sino de insatisfacción inherente a la existencia misma”(169)
Este sentimento é o que fai crear beleza aos poetas e mundos novos aos filósofos, por iso dise aquí moi ben que se trata dunha dor aristocrática, que non todos son capaces de sentir e levar para adiante. Mentres os demais ven a tele estas persoas se debaten buscando, porque non poden facer outra cousa, porque esa é a sua necesidade. Rosalía é sobre todo a ansia de totalidade imposible de satisfacer. Tiña que ser unha persoa moitas veces insoportable, pero pesimista propiamente non. Azorín dinos unha calide importante deste sentimento:
”Una inquietud interior la desasosiega... y sobre todo... lo que nos hace experimentar más vaga sensación de angustia... es que no podamos definir concretamente qué es”(25).
Pero ela si o sabía; antes de que viñera Freud soubo que súa orixe era materna; por iso pode falar dela, xa no Canto final da súa primeira novela, coma dunha relixión:
“¡Oh, madre mía! ¿En donde estás que mi alma te busca y no te halla nunca? ¿Quién te ha robado mis infantiles caricias? ¿Quién te ha impedido que me arrullaras con tus dulces cantos? En el revuelto torbellino del mundo giran confundidos esposos y hermanos, padres e hijos que se aman como yo te amo, ¡madre mía! Tu alma debía ser pura y sin mancha como el azul del cielo, y benéfica como la sombra de una fuente en el verano caluroso.
¡Ay!¿Dónde estás?”
O choronismo rosaliano
Hai, ao meu entender, seis teorías sobre Rosalía e sobre a súa poesía, que son o pesimismo, o choronismo, o existencialismo, o freudismo rofiano, o saudosismo e agora a nosa, que podemos chamar vital ou integral ou bilateral ou desentrañal, que de todo iso ten.
“’No, por Dios. Desmienta usted que mi madre era triste. Era alegre, muy alegre, extremadamente acogedora y simpática; muy dulce era mamá’. Dice eso, no con el acento de la pasión de hijo, sino con la convicción de un espíritu imparcial... Enfádase doña Gala con los que atribuyen a su madre un carácter sombrío, con los que rebajaron el dolor de Rosalía a un tono plebeyo, de llorona insoportable”(García Martí 39).
Foi Pimentel quen nos deu aos poetas galegos a actitude que habiamos de ter con Rosalía, e trátase dunha posición, non poética, senón táctica:
“Non convén chorar máis.
Ela chorou por todos e pra sempre.
Calemos...
Eu véxote así (...)”(A Rosalía).
“E teremos que soportar
este peso de sombras
antre a néboa (...)
Agardar que ela chame
ós mortos (...)
¡Negra sombra, negra sombra!
Docemente chove
sobor do teu cadaleito...
I o silencio do teu pelo
morto antre a néboa”(Outra vez Rosalía).
Pero nin Rosalía chorou nin está morta. Foi o que nin sequera soñan os que así a ven: poeta. E para selo non basta con describir a praza do pobo de un ou denunciar inxusticias: hai que entrar dentro e saír co peixe entre os dentes: e iso e non chorar é o que fixo ela. O poeta non a ve a ela mesma, é para el a nai amada e odiada, o mesmo que para Murguía. A vantaxe de ter a nación de Nai, coma é o caso de Risco e Castelao, é que así non se necesita mitificar a unha pobre poeta, que o que está pedindo na súa obra tan só é ser comprendida. Aquí o poeta proiecta en Rosalía coma nai os seus sentimentos de amor/odio, e está ben que o faga, pero que tamén a lea. Se non fósemos parvos, os poetas galegos tomariamos a Rosalía coma a nosa poeta, en lugar de mitificala e denigrala, todo mesturado, sen coñecela; asi nos vai.
Rosalía vital
A esta oesía ténselle que chamer ‘vital’ xa que non pode atoparse outra que busque con tqnta ansia a vida. Que todo o anecdótico morra, e que non 2quede del nin rqstro, pero que se manteña o gañado, tanto na filosofía coma na arte, o que nos dala da persoa na súa entraña que é a esencial. ‘Posía esencial’, para indicar que non é a anécdota o que lle interesa, epro a eencia é unha cousiña alá dentrop, e Rosa non vai buscando ningunha esencia¸ vai na busca de dor qeu le atormenta, ‘que naceu con ela’,que é a súa propia vida na orixe. Os seus poemas nacen ca vida ás veces dramática, ás veces líricamente, e o único nome qeu lle vai é o de ‘vital’. Poderíamos chamarlle ‘mortal’ xa que fala da súa maorte, pero ela o di: ‘do fondo só se saca mel’, polo tanto, a arte é a vida mesma, os seus poemas manana súa propñia vida doente, ¿como lle imos chamar pesimista a unha poesía que nace nas orixes da vida, da uqe ela foi a única que soubo, sendogma de ningunha clase, a orixe, a más dorida, epro a máis vital. A ‘angusdtia metafísica rosaliana’ é real, pero máis fonda, había que chamarlle desentrañal ou vital, pois é a busca da vida. poesía entrñaal: al ónde se xunta mellor oupreténdese un infante cunha nai, alí comezou a ida, que non é outra cousa que o (des)entrañamento dos dous. Si o entrañamento fora perfectamente seriamos só natureza; grcias ao desentrañamento temos cultura e somos humanidade, polo tanto debemos a Rosalia e a algun outro poeta, poucos, o descubrimento de esta orixe: vémolo xurdir en nós gracias a ela. oesía vital é a que vai a esencia, queé o desentrañamento n o que se basa a súa pesía é (des)integración, vida; unha concepción de roslía desde a vida, é o que propoñemos. Tamén ‘poesia vital’ no sentido de ‘imprescindible’: con ela chegamso ao miolo da nosa persoa: ela coma os deuses,foi diante, cmaiñando máis porque o azar levouna a iso, pero todo o qwue ela atopa en sí é a humanidade nosa, todos somos desentrañados, todos sufrimos de iso, o ser humano ten que desentrañarse apra adimitir na súa vida o mundo, o (des)etnrañamento é a nosa raigaña.
Rosalía entrañal
No século pasado intentábase ver a Rosalía desde o existencialismo, e non era posible porque esta filosofía non sabe da dualidade vital, que é o que está no miolo da poesía de Rosalía. Ela pretende precismente superar o unilateralismo existencial; pódese comprender só desde unha filosofía da vida como (des)integración, como dificultade entrañal, ás veces imposibilidade, pero sempre con esta meta. Desde que a persoa nace o Dous é o número da vida. Rosalía foi sempre unha dación (poética) na busca dunha recepción (materna), pois a vida (humana) faise no comezo e acrecéntase despois no entrañamento ca Nai. Todo ten para nós no (des)entrañamento primordial o seu comezo, porque é o manancial do regato que somos. Coma este comezo é dual, a vida desde entón será sempre así. Cando o vivente pasa por esta experiencia primeira sen apenas decatarse, esquécea e parécelle que só el é a vida; pero cando non é así e a persoa queda en parte detida no manancial, entón é cando se vive (¿engrandecido? ¿diminuido?) en dependencia de aquel primeiro momento. E isto é o que podemos aprender de Rosalía: que a vida é (des)entrañamento, a erótica e a existencial, a arte e o espíritu.
A esta poesía pódeselle chamar ‘vital’ xa que non pode atoparse outra que busque con tanta ansia a orixe da vida. Que todo o anecdótico morra, e que non quede del nin rastro, que a poesía fale da persoa na súa entraña, que sexa esencial. Pero Rosa non está buscando ningunha abstracta esencia¸ anda na procura da dor ‘que naceu con ela’, da súa propia vida na orixe. Os seus poemas nacen ás veces dramática, ás veces líricamente, nesa fonte orixinaria. ¿Como lle imos chamar pesimista a un arte que xurde na orixe da vida, da que ela foi a única que soubo, sen dogma de ningunha clase, a máis dorida, pero a máis vital? A ‘angustia metafísica rosaliana’ é real, pero máis fonda, hai que chamarla desentrañal, pois o desentrañamento é o seu manancial. Debemos a Rosalia e a algún outro poeta, poucos, o descubrimento de esta orixe: podémola facer xurdir en nós gracias a ela. Coma os deuses, iba diante porque o azar levouna por aí, e todo o que ela atopa en sí é tamén a humanidade nosa, o (des)entrañamento que é a nosa raigaña: poesía entrañal.
A nena Rosalía, flor galaica
“Acolá enriba
na fresca montaña
que alegre se crobe
de verde retama,
meniña morena,
de branco vestida
nubiña parece
no monte perdida”(Cantares 14)”
Criouse coma unha aldeaniña. “Os seus primeiros anos vivíanos mergullada no ambente aldeano, sin ouvir falar ao seu redor outra lingua que a galega”(Carballo Est 79). A nai abandonáraa, pero ela atopou acougo noutra aldeá, na nosa lingua, na Terra nai: “n’abendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desde a cuna”(pról Cantares). Hai tamén neste libro, coma noutro anterior en castelán e na súa primeira novela, testemuños duna fonda ferida:
“Déixame vivir nos montes,
deixame estar solitaria (...)
eses sons de amor e vida
rompen as miñas entrañas”(26)
“aló gardo non sei donde
saudades de non sei cando”(18)
E estas dúas cousas será xa sempre Rosalia. Un fondo amor á vida, expresado sobre todo nos poemas eróticos, e tamén unha desesperación, que vemos sobre todo nos existenciais; podemos comprobalo na nosa escolma. Este é o seu mellor autorretrato:
“Tal ela ningunha
tan dulce que cante
soidades amargas,
sospiros amantes”(1)
A sede erótica rosaliana
Respecto ao eros, Rosalía vive más na sede que na auga:
“ando buscando meles e fresucra
para os meus labios secos...”
“Lévame a aquela fonte cristaíña
onde xuntos bebemos
as purísimas augas que apagaban
sede de amor e llama de deseos”(Follas)
En Sar este eros insatifactorio exprésase aínda mellor:
“Sedientas las arenas en la playa
sienten del sol los abrasados besos (...)
pues como yo sufrís secas y mudas
el suplicio sin término de Tántalo “(12)
“No maldigais del que, ya ebrio, corre a beber con nuevo afán;
su eterna sed es quien le lleva hacia la fuente abrasadora,
cuanto más bebe, a beber más”(41)
Sed de amores tenía y dejaste
que la apagase en tu boca,
¡piadosa samaritana!
y te encontraste sin honra”(89)
Trátase dun eros que non aprehende de todo o seu obxecto, que sería moi doado convertir en relixión; dun eros que se achega ao espíritu, coma o espíritu de santa Tereixa e san Xoan se achega ao eros.
Fermosura e dor
“Teño un mal que non ten cura,
un mal que naceu comigo (....)
0 meu mal i o meu sofrir
é o meu propio corazón”(Follas).
Non houbo poeta nin filósofo que descubrira antes que ela o tal mal, aínda que moitos o padecesen e crearan mediante el. Este é o mérito maior de Rosalía, saber do seu mal e facer del a súa arte; pero este poema é superficial, aquí poderiamos dicir que Rosalía se expresa máis coma filósofa que coma poeta; válese da representación para xogar un pouco, non crea desde ese fondo de que fala. Cando a poesia é esencial ten un certo misterio, porque non é deste mundo: ven das profundidades. Por outra parte, ¿é realmente un mal o desentrañamento, se a fai creadora? Sen el non sería poeta ou seríao mediocre, coma case todos; con el, aínda que sexa laiándose, estase no más ancho e máis fondo da humanidade. Pero é verdade que é un mal, por iso necesita expresalo, para aliviarse. Os que tachan a Rosalía de pesimista tiñan que saber que a beleza profunda é consustancial ca traxedia; se a arte quere chegar ao fondo do que todos xurdimos, alí necesariamente hai dor, porque nos humanamos desentrañándonos. Entre entraños todo sería máis sinxelo, pero non habería nin arte nin espíritu e o eros sería coma o das bestas; non habería inadaptados na praxe, nin habería mundo; ao desentrañamento debémoslle todo o que somos en tanto que integración vital. A poesía verdadeira tennos que nacer “na gándara”(Follas), pois só e fonda “nacendo das vastas soidades”(prol). O labor do poeta consiste en pórse nas mellores condicións para que iso suceda: tal é a inspiración. A poesía non consiste só en saber, pois entón se reduciría a representación; consiste en intuir ”esa cousa sin nome”(pról); sentila e expresala, o fondo e a forma xuntos e canto máis fondo máis forma, como dicimos na Poética. Por iso os poemas desentrañais de Rosalía, que son os máis fondos, son os máis fermosos.
O anhelo erótico rosaliano
O desentrañamento -que en todo ser humano habita- fonte da poesía máis fonda, pode ser anhelo ou desarraigo, o primeiro é máis conformista e o segundo máis desesperado; o anhelo mira ao futuro e ten sempre un componente constructivo; o segundo tan só é destructor. En Rosalía, alma de fogo, acostuman estar mesturados os dous; podemos comprobalo neste poema de En las orillas del Sar, IV do Apéndice na edición de Alonso Montero,e XXIV de Rosalía erótica y existencial:
“’¡La copa es de oro fino,
el néctar que contiene es de los cielos!’
dijo, y bebió con ansia
hasta el último sorbo de veneno.
¡Era tarde! Después ardió su sangre
emponzoñada; y muerto,
aún rojiza brillaba en su sepulcro
la llama inextinguible del deseo”.
Aínda que tan só se suxire sabemos por outros poemas de Rosalía, xeralmente un pouco velados cando son eróticos, que neste trátase do desexo erótico; que ademais nela acustuma ter ou un final de entrega total ou de desastre. No comezo este sentimento é figurado por ‘unha copa de celeste viño’, coma se di noutro poema seu, que agora se lle vai convertir en veleno; pero achegándonos máis, vemos que hai nesta primeira estrofa unha palabra clave que é ‘ansia’. É coma se dixera: ‘o amor erótico é fermoso, é o meu anhelo o que o convirte en pezoña.
Na segunda estrofa o movimento anterior quere virarse: meteuse nun inferno, pero aínda que non haxa ningunha posibilidade de salvación, trátase da mesma chama da vida, pois o anhelo é verdade que é terrible, pero tamén é creador. Isto é o que nos suxiren os dous versos finais, que convirten o poema nun canto épico, e nos recordan a san Xoan da Cruz cando fala de “esta oscura noche de fuego amoroso” Tamén este facer a morte vida dos dous versos finais nos achega á negra sombra, que ao mesmo tempo que é dor e creación: ‘es o marmurio do río,/es o vento i es a aurora’. Sempre en Rosalía hai vida no seu morrer, por iso hai que considerala vital e non pesimista.
Achegamento á negra sombra
“Sempre un ¡ai! prañideiro, unha duda,
un deseio, unha angustia, un delor:
é unhss veces a estrela que brila,
e outras tantas un raio de sol;
é que as follas dos árbores caen,
é que abrochan nos campos as frols,
i é o vento que zoa;
i é o frío, é a calor...
E n´e o vento, n´e o sol, nin é o frío;
non é... que é tan só
a alma enferma, poeta e sensibre,
que todo a lastima,
que todo lle doi”
Chamemos este poema ‘A’ e “Cando penso que te fuches”, que parece o seu irmán xemelgo, ‘B’, para facer a comparanza. O primeiro que vemos en A é un ‘¡ai!’ que se extende a todo o que en B é a negra sombra. A e B son a mesma cousa vista polo lado subxectivo e polo obxectivo. En B a protagonista é unha ‘sombra’, que medra deica a apoteose; aquí a dor da poeta medra tamén xa desde o comezo. E ao final os dous poemas fanse filosóficos, buscando a causa: ‘que é tan só/ a alma enferma poeta e sensible’, di A; e en B dille a poeta á sombra: ‘pra min i en min mesma moras’ que quere dicir o mesmo. A morea de sentimentos que hai en A, unifícaos B en ‘negra sombra’, todas esas subxectividades convérteas nunha única obxectividade que a poeta pon en fronte. En comparación co poema que comentamos, que non é máis que unha pobriña descripción, na negra sombra trátase dun símbolo, máis que iso, dunha visión. En B Rosalía fai coma Cervantes no Quixote, que chimpa fóra de si a súa enfermidade convertida en loucura, e loita con ela.
A rachadela das cartas
“Como se acercan los días de la muerte, he empezado por leer y romper las cartas de aqélla que tanto amé en este mundo. Fui leyéndolas y renovándose en mi corazaón alegrias y tristezas, esperanzas y desengaños, pero tan llenas de uno que en realidad al hacerlas pedazos, como cosas inútiles y que a nadie importan, sentí renovarse las alegrías y dolores de otros tiempos”(en Naya 18).
As alegrias eran por sentirse outra vez xuntos, e as dores polo puñal do desarraigo que ela lle cravaba e que agora pódese ver con claridade na nosa escolma. Ë unha pena que el non tivese a grandeza de ánimo de deixárnolas, non para satisfacer ningunha curiosidade senón para comprender mellor a súa poesía. Desde logo faría falla ter unha grandeza que el non tiña: sacrificar a propia imaxe pola verdade. En lugar de dedicarse a montarlle un monumento e endiosala, ¿por que non nos deixa informarnos sobre a máis importante etapa creativa dela? Pero el péchase por completo e o mesmo a filla maior que tantas cousas da nai levou á sepultura, pois sobre a súa infancia en Ortoño, teríannos que dicir moitas cousas. Cando el escribe o anterior facía xa 38 anos que Rosalía morrera, tiña que ver as cousas con máis amplitude, e más sendo historiador. Pensar: ‘para que a coñezan mellor a ela –eu non importo- volas regalo, para que investiguedes a verdade de súa poesía’. Pero el tiña moito que ocultar, sentíase ca misión de converter a Rosalía nunha santa. Quere facer dela algo que ela non e tapar así o seu desamor. Entón pode xactarse:
“Desde entonces (des que viven xuntos) una es la voluntad y uno el amor bajo este techo”(181).
Pero índa que non teñamos as cartas sabemos que iso non é verdade. Non hai dúbida que no comezo o amor de Rosa polo seu Manolo era sincero, pero foi máis un soño que unha realidade. Pronto se veu que non tiña base e ela, cando veu a realidade, non tivo máis que soidade. Por iso ese aire de secretismo no marido e na filla maior: non desvelar nada da súa nai; terian que dicirnos moitas cousas, e sería para a súa grandeza. Pero non nos importa, o que eles quixeron ocultar, a súa poesia bérrao aos catro ventos; xa pode el rachar tódalas cartas do mundo, as dúas obras máis importantes dela decláranno; son unha protesta en contra das leis que obrigan a unha muller a vivir con quen non quere, un berro de liberdade, o labor soterrado del non consigueu impedilo.
Negra sombra e noite escura
As dúas parécense demasiado para non ter que preguntarmos se san Xoaán da Cruz non parte tamén do deentrañamento materno para chegar ao entrañamento poético e espiritual, coma Rosalía ca negra sombra ao erótico e existencial; en Poética de fondo vese que é así. As dúas son inimigas e os poetas teñen que loitar con elas para sacarlles partido. Xoán sabe que na noite está a alba e Rosa sabe que a negra sombra vaina facer creadora: chega en contra dos dexesos dela, pero cando a pelexa cesa e a sombra faina súa, a poeta ve que medrou para ela e xa nunca a abandoará: unha poeta presa da súa sombra que a enlouquece e convirte de ensombrecida en asombrada. Entón é cando pode decirlle: ‘pra min i en min mesma moras’, é o recoñecemento de que será coma a súa alma A sombra é una borracheira ou unha enfirmidade que a trastorna e a transfoforma existencialmente. Rosalía comproba na derradeira estrofa o perdido e o gañado nesta invasión: sabe que é xa dela para sempre e tamén ao revés: ‘en todo estás e ti es todo para min’: quere dicir que foi ganancia e non perda e que aínda que sexa sofremento é tamén riqueza, coma en Xoán. E o poema que comezou no estrañamento acaba no entrañamento. Polo tanto os procesos son semellantes. Xoán sabe que a noite é escura pero que é tamén espiritual e que para ter o segundo ten que pasar polo primeiro; e Rosalía sabe que o desentrañamento e ún sofrer que é un crear. Estar na noite é xa estar no espíritu, estar na sombra é xa estar na máis fonda poesía: paridade noite ecura/espíritu e negra sombra/arte.
A negra sombraé o símbolo que a poeta inventou respecto aos sucesos da sua primeira infancia, o mesmo que a noite escura é tamén o símbolo que o santo inventou respecto da sua. Estes dous seres foron capaces de facer creación na arte e no espíritu de sucesos que a outros aniquilarían. Sen esa necesidade profunda que desde entón había neles, que foi tamén feita por eles, esa obra que remove e abre abismos non sería posible, pois o protagonismo é deles, non das circunstancias, que noutros nada poderían. Rosalia Castro só é comparable na literatura española con san Xoan da Cruz, pois a mesma vida de sofremento e creación fainos aos dous irmáns.
‘Homenaxe’ de Manuel Murguía
“Descansa al fin, descansa, alma afligida
de tu dolor por siempre compañera,
que ya en el cielo, en tu ocaso asoma,
brilla la blanca y solitaria estrella,
que ha de alumbarar tu oculta sepultura
y ha de darte la paz que tanto anhelas:
pálida, sosegada y dulce amiga
que en el silencio de tu noche eterna,
con blando rayo bañará piadosa,
de misteriosas compasiones llena,
el pedazo de tierra en que reposas
del sepulcro en que duermes, las tienieblas
y en sudario de luz ha de envolverte
de tu último sueño, única dueña”(en Naya 32)
O fundamento do poema é unha estrela que ilumina o sepulcro de Rosalia, cousa difícil onde agora está. Ten influencia de Curros, que no seu famoso poema a Rosalía válese tamén destes elementos; pero nel ela está viva e camiña ca estrela na fronte, pois el si soubo da grandeza de Rosalíaa, ao contrario do marido que non sabe dicir máis que ‘alma afligida’, e no prólogo de Sar, do mesmo tenor, ‘infortunada’. Non parece un poema feito á compañeira erótica, nin parece tampouco sincero, pois facía anos que el mesmo decidira cas autoridades compostelás, que a desenterrasen de onde ela queria estar:
“Dame os teus bicos i os tus brazos ábreme
aquí, onda o río, na espesura fresca...
A ninguén digas onde estou... con frores
das que eu quería, a delatora mancha
crube... e que nunca co meu corpo acerten
profanas mans para levarme lexos...
¡Quero quedar onde os meus dores foron!”
Pero esas profanas mans trasladáronna a unha capela da igresa de Santo Domingos; de rapaz a min dábame calafríos sabela metida naquel muro que zumegaba humedade e friaxe.
“Que depositen mi cuerpo en la húmeda tierra... que me cubran hierbas y flores, con las que puedan juguetear las brisas... ¡son horribles esos siniestros agujeros de granito!”(Flavio 360)
Un membro da familia dela opoñíase, pero Murguía decideu que isto era o mellor para a mitificación dunha poeta que vivira á súa beira e que el non compredeu.
Morte que é vida
Nadie expresou a soidade tan fonda e sinxelamente coma Rosalía neste pequeno poema:
“Eran craro-los días,/ risóña-las mañáns,
i era a tristeza súa/negra coma a orfandá.
Íñase á amañecida,/ tornaba coa serán...
mais que fora ou viñera/ ninguén llo iña a esculcar.
Tomou un día lene/ camiño do areal...
como nadie a esperaba/ela non tornou máis.
Ó cabo dos tres días,/ botouna fóra o mar,
i alí onde o corvo pousa/ soia enterrada está”.
’Tristeza’, ‘ninguén’, ‘nadie’:é o que nos permite ver coma amoroso o poema, se sabemos ademais que a soidade da poeta era sobre todo erótica. No trasfondo está, claro, a nai, e vese porque ela o que busca é o acougo, e de nadie o ten, por iso non pode subsistir. Parece unha muller moderna que traballa fóra e vive soa. Maxinámonos todo ledicia ao redor dunha persoa monstruosamente solitaria, que non pode con tanto estrañamento, que é coma un cancro que a devora. E entón unha mañá toma outro camiño, o do areal, e deixa o do retormo porque era sobre todo no regreso cando sentía máis a falta. Cando chega entrégase á totalidade, pérdese de si, atopa ao fin un amante ou, facéndose nena, unha nai. Ela volvía sempre e non a esperaba nadie; nadie se enterou agora de que non regresaba, o seu acto non sorprende a nadie, as mañás seguen risoñas cando ela entra sen mirar para atrás na mar. E entón o poema se remansa, acabouse a loita, pero só por un momento. porque agora venlle o rexeitamento da natureza, máis grande por máis esencial. Só se fala aquí do mar para dicir que a botou fóra: o único que podería comprendela porque é inmnenso coma a súa soidade. Tres días dentro recibida e logo chimpada fóra coma un can, coma se omar non a recoñecese como filla, como se ela estivese pedíndolle que non a abandoase; foi tirada onde o corvo pousa un momenrto antes de volver ao seu voar.
A natureza como inimiga recorda a Leopardi; pero el expresaba sempre o seu noxo por ela, todo el era desarraigo. Aqui segue reinando o anhelo, mesturado con el, pero sempre aberto, e canto más grande é o rexeitamento el medra máis, deica facerse ca natureza toda, totalidade. Esta é a grandeza inmarcesible de Rosalía: facer da morte vida.
No manancial
“Pensaban que estaba solo/ y no lo estuvo jamás
el forjador de fantasmas,/ que ve siempre en lo real
lo falso, y en sus visiones/ la imagen de la verdad”(Sar)
Os outros, aínda os máis fondos, quédanse no sentimento, pero a ela iso non lle basta, quere tamén a verdade; a súa, pois esa é a misión do verdadeiro poeta, descubrirmos o que os demais non poden máis que sofrer. Cando a súa poesía non nace de aí, decrece, ten poemas moi sentidos, á caducidade da vida, á morte dun fillo, etc., pero que non nos meten dentro dese fondo abisal que hai noutros, ás veces pequenos de tamaño, pero anchos e fondos; hai nela moitos tópicos, estaba inmersa no animismo galaico; pero a súa raigaña deulle unha orixinalidade da que carecen os demais. O desentrañamento é a súa grandeza, que a fai case sagrada pois nos fai descubrir un abismo que en todos subxace pero que só ela era quen de contemplar. Sabe que é de todos:
“¿Que lle pasará a un que non sea como se pasase en tódolos demais? ¡En min e en todos! Na miña alma e nas alleas! Mais, ¿dirase por eso que me teño por unha inspirada, nin que penso haber feito o que se di un libro trascendental?”(pról Follas).
E ela respóndese que non, pero o plantexamento da pregunta xa é un si, porque está dicindo que o que ela di no seu libro afondando en si é tamén o dos demais, porque está a falar nel de algo que é universal; pois non se trata aquí só da identificación cas mulleres campesiñas, está a falar da ‘miña alma e da allea’, de algo que pasa no fondo de todos. Ela sabíao e non se atrevía a dicilo, senón ¿a que ven falar de ‘libro trascendental’? Coma Freud afomda, pero non traballa desde a unilateralidae e o sustancialimo (o inconsciente), faino desde a bilaterlidade e a relación (o infante/nai); o deus de Freud segue a sendo paterno e moral; o dela, materno e entrañal. Rosalía móstranos intuitivamente o desentrañamento, que é un romper tódalas marxes, é abrirse ao ignoto; despois, desta fonte pode beberse espíritu, arte ou eros, pero primeiro hai que descubrir que existe esta sede, e iso non o fixo máis que a nosa poeta.
Xosé Azar
|